"Lilith" é
unha obra poética dialogada que pretende explorar cuestións
significativas na sociedade contemporánea Occidental, utilizando para
elo o devanceiro mito de Lilith, a primeira esposa de Adán. A través
da relación de Lilith coa serpe, explora a natureza do amor
platónico e da amizade; a través das relacións entre
Lilith e Adán primeiro, e entre Adán e Eva despois, analiza
a natureza do amor sensual.
Mediante a entrega
incondicional de Lilith a reparación do dano que poida haber causado,
busca encontrar-lo sentido do perdón. "Lilith" analiza tamén
, a través do carácter da serpe, a evolución dos
símbolos antigos na cultura contemporánea, sostendo que perdemos
gran parte da nosa búsqueda do coñecemento cando despreciamos
o noso patrimonio cultural en favor das percepcións culturais da beleza
e o poder.
A relación
entre Adán e Lilith fracasa porque Lilith desexa prologa-la intimidade
física coa intimidade emocional, mentres Adán percibe que esa
intimidade física e-lo requisito previo para a intimidade emocional.
A reflexión "intimidad eemocional" vs. "intimidade física"
e-lo asunto de moitoos libros e ensaios na nosa sociedade, na que renombrados
psicólogos e sociólogos consideran o fracaso da intimidade
emocional como a causa subiacente da ruptura da familia. A relación
de Lilith coa serpe fracasa porque a adversidade, de feito, afecta a os nosos
actos mais benintencionados. Nembargantes, a figura da serpe restablecese
e continúa existindo hoxendía, no uso que facemos da serpe
como o símbolo da sanidade no caduceo, o símbolo
internacional da profesión médica, e en Europa como o símbolo
que denota a presencia dunha farmacia.
Estes temas
son muy relevantes na sociedade contemporánea Occidental. En "Lilith,"
presentanse nunha escea alegórica que contén elementos familiares
uns e pouco coñecidos outros. E o meu desexo que esta
combinación do familiar e o descoñecido permita o lector observar
e meditar de novo sobre o que antes desbotaron como coñecido e entendido,
e desta maneira embarcarse nunha aventura persoal de introspección
e comprensión destes temas tan familiares na nosa vida
cotián.
|