 |

Jane Danko naceu en Texas (EE. UU.) nas
beiras do río Sabine e a carón do
pantano que vai de Texas a Lousiana. Xa
desde nena andaba enfeitizada polas
alegorías e metáforas das cancións de
berce e os contos de fadas e procuraba
sempre o significado oculto das palabras
sen aceptar, sen máis, o texto literal.
Esta curiosidade acerca das realidades
máis fondas levouna a investigar os
mitos, símbolos e fenómenos que van máis
aló da natural orde.
Desde o ano 2000 Jane fica en Cedeira, A
Coruña, Galicia, España, onde vive
mergullada nun patrimonio rico en mitos
e símbolos que lle permite desenvolver
unha obra explorando os universais e
intemporais temas que, inda non ben
articulados, forman nidia parte da nosa
memoria colectiva primixenia, pois cando
os percibimos son recoñecidos axiña como
algo familiar que nos une entre nós e a
todos nós co alén.
En Houston (Texas) exerceu de crítica de
arte visual e performance para Houston
Art Scene levandoa cabo, posteriormente,
traballos como Directora da sección
Performance, Directora Editorial e, máis
tarde, Directora Executiva. Foi
Directora de Redacción para Texas na
revista The New Art Examiner(Washington
D. C.). É autora de Cando cantan os
anxos, Lilith e Bodas da espiral,
ademais de libros feitos a man, únicos
ou en edición limitada.
- © 2013 - Jane Danko
- © 2013 - Sociedad de
Cultura Valle-Inclán - Colección Soláster
|
 AXENDA
DE EVENTOS
05.09.2013
Presentación del
libro
Gran
Café-Bar PINZÖN -
Cedeira
28.11.2013
Presentación del
libro
Galería SARGADELOS -
Ferrol
14.03.2014
Presentación del
libro
Biblioteca Municipal - As Pontes
|
14.11.2013
Presentación del
libro
Libreria ARENAS - A
Coruña
03.12.2013
Presentación del
libro
Libraría BIBLOS -
Betanzos
|
|
|
 |
|