Seleccione o pais de destino do envío da súa compra. Os gastos de envío e manipulación incluénse no precio final

Precio do libro: 16€

Gastos de envío:
Spain: 2 €
Europe: 6,10 €
USA: 9,60 €
 

 

Precio + envío

 

Hay poemas que se reviran
hainos que sofren
outros veñen a batir non máis por brincadeira
Como fai o amor
igualiño que a vida
Ao cabo eles tamén
son soamente
poemas

 

 

De amor y vida / De amor e vida / Of Love and Life

- Historia de un proxecto -


DE AMOR E VIDA naceu dunha idea concebida por Fernando Bores, editor e director da Sociedad de Cultura Valle-Inclán, ubicada en Ferrol, (Galicia, España). Transcorrían os primeiros meses de 2005, Jane Danko levaba en España catro anos. Había algún tiempo que Bores desexaba publicar un poemario, tanto con gravados orixinais como ilustracións, todo feito a man, na súa Colección Solaster. Propúxolle criar un libro bilingüe galego – inglés, para o que Danko faría gravados orixinais con variedade de técnicas - augaforte, augatinta, xilografía, liñografía e carborundo - como ilustracións dos poemas.

O libro, feito e encadernado a man, sería de pequena edición, limitada, cunha pintura orixinal na capa de cada exemplar
 

Moitos dos poemas existían xa sobre o papel a maneira de borrador, moi verdes e crus; outros eran nada máis que o xermolo dunha idea, riscas nun folio; outros, case rematados, aínda que todos en estado descoidado no seu caixón de "tarefas por atender". No ano e medio seguinte escribeu e compuxo bocetos para as ilustracións, visitando os lugares que reseñaba nos poemas para que deles fluíse a inspiración. Así, neste proceso, non soamente os poemas se deron completados, senón que agromaron outros novos, e novos esbozos tamén para acompañalos.
 

O libro foi collendo forma doadamente: tres capítulos, o primeiro adicado a poemas sobre Cedeira, a sua nova terra; o segundo tratando os enigmas que rolaban, e aínda rolan, nas sua cabeza; e o terceiro, poemas que escribira en Texas, a sua terra natal. Fernando presentoulle ao sobranceiro poeta Vicente Araguas quen aceptou ocuparse da traducción ao galego do proxecto. Neste traballo conxunto xordeu unha fonda amizade entre os tres que ten dado luz, alegría, e contento á sua vida.
 

A meirande parte do contido é autobiográfica. Os lugares e eventos que aparecen en "Galicia benquerida" - O Campo del Castro, A Garita, o parque onde atopou a folla caída, a praia na que recolleu a estrela de mar para devolvela ao seu hábitat, o porto, o mar, o San Xoán - todos existen, todos son reais, como as historias que se contan en "Enigmas" e " ... tres de Texas ".

Todo aconteceu realmente, non hai nada de ficción.


A preparación de poemas e gravados alongouse por un período de case dous anos, ata dar esta por rematada. Os textos foron impresos con tecnoloxía laser con verdadeira pericia artesá, páxina a páxina, por Quique Vázquez na imprenta de Cedeira. Andrés Urrutia, artista e artesán, tamén veciño de Cedeira, ensinoulle a técnica de encadernación. Para cada capa de cada libro pintou unha obra de pequeno formato, ás veces figurativa, outras baseada en símbolos dos petroglifos prehistóricos que tanto abondan en Galicia. E en decembro de 2006 o que tivera sido un proxecto tornouse realidade, un libro de 21 poemas e 21 gravados, feito e encadernado a man; unha edición de 20 exemplares e dúas probas de artista.
 

Desde aquel tempo, Fernando e Jane tíñan falado da posibilidade de algún día facer una edición en offset de DE AMOR E VIDA / OF LOVE AND LIFE, máis chegadeira, e á vez inserir nela os poemas en castelán, ademáis de no galego e inglés da edición original. Aínda que o Concello de Cedeira mercou un exemplar para a Biblioteca Pública, xeneroso gesto da Corporación do que Jane esta fondamente agradecida, o seu desexo era que estos poemas e gravados desen chegado ás mans dos veciños de Cedeira i de Galicia, onde tantos deles están ambientados. Quería que os seus veciños puidesen levar o libro a casa, dobrar, apalpar as páxinas, se quixesen regalalo se cadra a seus fillos ou parellas, a un veciño, a un amigo.
 

Agora, con esta edición en offset , isto é posible e o que era un soño para ela volveuse realidade.

------------------------------------------------------------


Ficha técnica:

Título: " De amor y vida / De amor e vida / Of love and Life "
Edición trilingüe en castelán, galego e inglés, que reproduce en cor os gravados da edición orixinal.

ISBN: 978-84-92597-27-7
Páxinas: 134
17 × 24 cm
Ed.: Sociedad de Cultura Valle Inclán

------------------------------------------------------
 

  • © 2013 - Jane Danko
  • © 2013 - Sociedad de Cultura Valle-Inclán - Colección Soláster
AXENDA DE EVENTOS

 

05.09.2013
Presentación del libro
      Gran Café-Bar PINZÖN - Cedeira
28.11.2013
Presentación del libro
       Galería SARGADELOS - Ferrol

14.03.2014

Presentación del libro
       Biblioteca Municipal - As Pontes
14.11.2013
Presentación del libro
       Libreria ARENAS - A Coruña
03.12.2013
Presentación del libro
        Libraría BIBLOS - Betanzos

::::  Inicio  ::::    A Autora ::::  Presentación do libro :::: Contacto :::::    Cómo mercar o libro ::::     Castellano ::::  Galego ::::  English  :::::         

 

© 2013 - Jane Danko