Seleccione o pais de destino do envío da súa compra. Os gastos de envío e manipulación incluénse no precio final

Precio do libro: 16€

Gastos de envío:
Spain: 2 €
Europe: 6,10 €
USA: 9,60 €
 

 

Precio + envío


 

IMPURO GRAN

Meu curmán dixo, “Teño calor, abúrrome.”
Eu dixen, “Eu tamén, abafa.”
E dixo el, “¿Hoxe qué poderíamos facer?”
Tíñamos un plan que artellar.
Pensamos e pensamos, os nosos miolos bisbaban,
Cheíños de faíscas e bríos.
“Rapinemos licor na destilería.
Emborrachar ás pitas divertía”.
A destilería estaba a tope, e ninguén nela.
Fixemos a falcatruada.
O poleiro sosegado e quente,
E as pitas serenas como monxas.
Collemos comida, e ensopámola
Espallándoa ao redor.
As galiñas, petiscaron nela, cacarexaron e comeron
O galo enguliuna en cantidade brutal.
E entón ergueu e estendeu a plumaxe,
Mais a súa roda mareada non atraeu pita,
Elas caían, en pé non se tiñan,

El facía a roda, cantaba, danzaba.
O seu galanteo nos facía suspirar.
En balde resistiron as femias os seus desexos
Vimos como fixo as plumas voar.
Botouse sobre todas, coa crista levantada
Grande barullo se formou, en fin
As pitas, pura Babilonia
E o galo, Rin-Tin-Tín.


Entón miña Nai berrou abraiada,
“¿Qué fixestes, nenos?”
O seu cesto caeu, os seus ollos como pratos
Baixo as quenturas texanas estivais.
Cheirou o licor, decatouse axiña
Exactamente do que fixéramos.
Entrou no galiñeiro seguindo o seu nariz,
Alí estaba claro o corpo do delito.

“Mudastes o gran en impuro.
Non haberá ovos nun mes enteiro
Quedaredes sen chicle e sen doces,
Ata que lles pase isto ás pitas”.
O tío deixou novo ao curmán,
Mamá reviroume no seu xeonllo.
O panorama detrás do alpendre
metía medo.

Meu curmán dixo: “Dóeme o cu”.
“Igual o meu, era de esperar”.
Refregamos os nosos cuíños doridos;
Non había máis que facer.
Pero entón botamos unha risada, ao lembrar os pitos,
Tamén ao galo peneque.
Mamá chamounos, “Nenos, estades ben”?
E cheiramos o aroma do seu caldo sazonado.
Nin podíamos montar, nin gabear,
E con dificultade podiamos sentar.
Pero por semanas o conto foi contado
E “sí”, dixemos, “valeu o que puidese custar”.


  ..................

 

  • © 2013 - Jane Danko
  • © 2013 - Sociedad de Cultura Valle-Inclán - Colección Soláster
AXENDA DE EVENTOS

 

05.09.2013
Presentación del libro
      Gran Café-Bar PINZÖN - Cedeira
28.11.2013
Presentación del libro
       Galería SARGADELOS - Ferrol

14.03.2014

Presentación del libro
       Biblioteca Municipal - As Pontes
14.11.2013
Presentación del libro
       Libreria ARENAS - A Coruña
03.12.2013
Presentación del libro
        Libraría BIBLOS - Betanzos

::::  Inicio  ::::    A Autora ::::  Presentación do libro :::: Contacto :::::    Cómo mercar o libro ::::     Castellano ::::  Galego ::::  English  :::::

 © 2013 - Jane Danko