PARA UN GALEGO
Sangue negro escurece desde o halo da lúa
caldeiros ferven e bruxas choran
guinchando brillos das estrelas
fillas nadas de Lilith,
feitas para alentar sen alma
mais con tremente
corazón xeado.
Portas abertas do Sidh
en Galicia.
Milladoiros treman e labirintos axitan as pedras
secretos rúnicos fenden o ceo
vermellos de carraxe con cruces célticas
debuxadas por druídas tempo morto
e podre antes de que o Nazareno,
o Santo Carpinteiro,
fora crucificado na Súa.
Solpor do Samaín
en Galicia.
En chimpos ardentes través do purgatorio
anxos amortallados gardan os corazóns
chaman para abaixo ás estrelas máis fugaces
preiteando coa noite impedida
mentres os cans lobos ouvean e
ladran
para arrincar o mercurio
da lúa.
Lume do solsticio de San Xoán
en Galicia.
Aleluias demoníacas sucan os ceos
procurando pomposos minuetos de sombra
a seiva máis pura do inferno, unha danza
mentres os defensores da chama do
Sabbat confían
en que Eros, tan farto, aínda
quentando
mudase nunha calor
de queimada, gastada,
refulxente.
Noite escura da alma
en Galicia.
Entón a tea de araña en brazos á espreita
a aperta encapotada de Galicia
derretendo visións, amañando cicatrices
sen medo da felixe e da pedra
sen mulleres de nomes estraños
sen escuro de esencia
sen queixumes fantasmais
que boien.
Nobreza primordial
en Galicia.
Esquecidos cabelos da caluga érguense ao sentir
un medo delicioso, retornado
de tobogáns e aceas
xeitosas metamorfoses
a trasnos entoando cánticos
homes lobos ouveando
vampiros de asa negra.
Nenez nova e sen alento
en Galicia.
Eternidade e perpetuidade
berrando vento e mar que guincha
augalume acesa e domada
amencer en días novos de zafiro
onde os sensos tiránicos que latexan
mandan
cangada inocencia
á que culpar.
A arca da paixón bautizada
en Galicia.
Co calafrío e a humidade dunha catacumba
fría como a mamila dunha bruxa
a visitante acreditaba na dor
e a dor infurable
viña furada
pola tenrura destemida
e a forza do desexo para
amar.
Vida ardente o galano
de Galicia.